Friday 03 de May de 2024

A Mesa da Peonalización estudará posibles actuacións no entorno do Concello


Hoxe tivo lugar a reunión constitutiva da Mesa da Peonalización de Riveira co obxecto de estudar posibles propostas nestes sentido en distintos puntos do concello.

Trátase dunha primeira toma de contacto na que se plantexou a posibilidade de crear novas áreas peonís ou semipeonís dalgunha ou algunhas rúas situadas na contorna da Casa Consistorial de Riveira.

Neste senso, emprazáronse a manter unha nova xuntanza despois de Semana Santa con propostas concretas sobre a mesa que poder analizar.

Tocante a este punto tamén se solicitou á Policía Local que estude posibles alternativas á circulación do tráfico rodado e avaliarase tamén a influencia que unha medida destas características puidese ter na parada de taxis existente en Rosalía de Castro.